Destinatarios: Persoal técnico e administrativo da Administración Local da provincia de Lugo que desempeñen as súas funcións na área económica-contable
Participantes: 50
Horas: 30
Datas celebración: Do 7 ao 30 de novembro de 2016
OBXECTIVOS:
Dentro das medidas estruturais do Plan de erradicación da morosidade do sector público a Lei 25/2013, do 27 de decembro, que ten como finalidade impulsar o uso da factura electrónica e crear o rexistro contable de facturas. 2 Núm. 240 - Miércoles, 19 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo obxecto desta acción formativa a análise desta norma, qué obxectivos e medidas adopta, e a creación do Rexistro Público contable: que finalidade se persegue coa súa creación, cal é o seu funcionamento e a que entidades afecta, entre outras materias.
Darase unha visión das implicacións do uso de factura electrónica tanto para empresas e provedores como para as entidades locais, e ensinarase como manexar as ferramentas que a Administración Xeral do Estado pon a disposición das Administracións Públicas e os seus provedores.
PROGRAMA:
- O Plan da morosidade no sector público:
- A Lei de Impulso da factura electrónica (Lei 25/2013)
- Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas (Orde HAP/1074/2014). Rexistro contable de facturas (Orde HAP/492/2014)
- Factura electrónica: formato e estrutura.
- Factura electrónica: implicacións para provedores
- Factura: crea a túa factura electrónica.
- Factura electrónica: implicacións para a administración pública
- FACE: adhesión e funcionamento.
- Ferramentas útiles para a factura electrónica.
- Medidas extraordinarias de liquidez para Entidades Locais con problemas financeiros