Denominación: ACTUALIZACIÓN LEXISLATIVA EN SUBVENCIÓNS. MODALIDADE "ON LINE”
Destinatarios: Personal da administración local encargado da implantación, ordenación, xestión, xustificación e control das subvencións e axudas públicas. O curso pretende dar a coñecer a sistema xuridicoprocedimental da actividade de fomento entre os empregados públicos da administración local, nesta Provincia, tanto desde a perspectiva de xestionar a concesión e control activo das axudas (administracións concedentes), como desde a administratición que as recibe, polo tanto a fin de solicitalas e xustificalas, cos respectivos efectos financeiros.
Participantes: 50
Horas: 30
Datas celebración: Do 1 ao 21 de decembro de 2017
OBXECTIVOS: - Preténdese actualizar coñecementos relativos a actividade pública de fomento, pola súa importancia cuantitativa e cualitativa. Centrase o curso na actividade de fomento na administración local. 9 Núm. 230 - venres, 6 de outubro de 2017 BOP de Lugo - O curso enfócase desde a perspectiva do dereito dos gastos públicos, respecto dos que a actividade de fomento representa un bon anaco. - Trátase de estudar o emprego de fondos públicos para acadar desenvolver proxectos, actividades, cumprir obxectivos de utilidade pública, interese social ou ben a promoción dunha finalidade pública. - O enfoque, supera a mera exposición normativa da Lei 38/2003, xeral de subvencións e o seu regulamento, enmarcándose no escenario da estabilidade e sostenibilidade financeira, coa racionalización do sector público e con unha perspectiva de transparencia na xestión eficiente dos fondos públicos: buscase unha ordenación e integración normativa, no desenvolvemento do curso, con estudo da Lexeislación de subvencións e referencias a L.O. 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade Presupostaria e Sostenibilidad Financeira e tamén a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bon goberno. - A transparencia na xestión e un deses valores que se ven integrando recentemento no acervo administrativo da gobernanza pública, xunto coa programación das axudas públicos e mesmo o control e seguimento das axudas públicas e nomeadamente as subvencións; por iso resulta relevante coñecer e explicar as novidades da información e procedementos a remitir a Base Nacional de Datos de Subvencións. - En fin, a actividade de fomento e o seu estudo, querese abordar engrazando a acción de goberno no marco dun Estado Social, entendo que sempre existen seleccion de obxectivos, pero sometendo a discrecionalida a controles orientados cara a transparencia, a sostenibilidade financiera, a eficiencia na asignación de recusos e a súa integridade. - En todo caso o curso estructurase, en esencia, sobre os seguintes eixes: A actividade de fomento, o tratamento xurídico das subvencións e as axudas públicas; o sistema competencial e a normativa aplicable na esfera local. O réxime das axudas de Estado. Os suxeitos da relación subvencional e o seu obxecto (relacións incluidas e excluidas); a planificación estratéxica e o establecemento de subvencións; os procedmentos de concesión de subvencións; a xestión administrativa e orzamentaria das subvencións; revocación e reintegro; contabilización e sistemas de control. Infraccións e sancións; a transparencia e a información da Base de Datos Nacional de Subvenciuóns. O réxime xurídico dos premios e subvencións e cooperación internacional.
- Profesor: MANUEL ANGEL JOVE
- Profesor: JOSE DOMINGO RODRIGUEZ FERREIRA