Destinatarios: Persoal administrativo (C1 e C2) da administración local da provincia de Lugo, que interveña na tramitación de expedientes administrativos.

Participantes: 50 

Horas: 40 

Datas realización: Do 16 ao 31 de outubro de 2023 

OBXECTIVOS: 

- Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais da norma e a súa posición no ordenamento administrativo.

 - Definir e contextualizar os principais elementos, conceptos e suxeitos actores do procedemento que debe observar a administración. 

- Determinar os distintos dereitos e obrigas de todos os suxeitos implicados no procedemento. 

 - Incidir nos aspectos máis novos da administración electrónica: sinatura, expediente, rexistro, arquivos electrónicos

 - Insistir no concepto e en todos os elementos que compoñen o acto administrativo, como núcleo fundamental da relación Administración-administrados.

 - Analizar as fases do procedemento administrativo, no dobre sentido de garantía do administrado e de garantía da Administración para mellor manifestar a súa vontade.

 - Destacar os medios que teñen os administrados para actuar fronte á administración.

 - Destacar outros aspectos xurídicos, administrativos e organizativos que se deducen da normativa estudada.

 - Tratar de conseguir dos/as alumnos/as que realicen este curso, unha motivación ou inquietude por estes asuntos que durante moito tempo, seguirán sendo transcendentais no funcionamento xurídico-administrativo da nosa sociedade.