Destinatarios: Empregados públicos da Administración Local da provincia de Lugo, tanto con perfil de función administrativa, como técnica. Grupos A1, A2, C1 ou equivalentes, con carácter preferente.

Participantes: 50

 Horas: 30

 Datas realización: Do 14 de xuño ao 12 de xullo de 2019

 OBXECTIVOS: - No eido do dereito administrativo as relacións entre poderes públicos e as súas administracións son un imperativo cada vez maior. A complexidade e celeridade coa que os servizos deben de ser prestados así como o marco competencial existente no nos ordenamento xurídico xera que sexa moi excepcional o suposto en que unha administración pública poida actuar en soidade. As técnicas de colaboración e cooperación son esenciais de cara a unha óptima consecución dos obxectivos de cada unha delas. 

- No particular terreo do local, ademais, tal situación manifestase con especial intensidade, sobre todo no papel que as Deputacións provinciais poden e deben ter.

- Aproximación, ao moderno paradigma, da acción colaborativa prestacional, para a provisión ou autoprovisións de bens e servizos a cidadanía, no marco dunha xestión pública eficiente.

Destinatarios: Empregados públicos da Administración Local da provincia de Lugo que participen na elaboración dun expediente administrativo; responsables de expedientes e auxiliares administrativos, que queiran ampliar os seus coñecementos na materia e indagar sobre as consecuencias prácticas da Administración electrónica, con coñecementos básicos de manexo de ordenadores e de navegación por internet

Participantes: 50 

Horas: 35 

Datas realización: Do 5 ao 28 de xuño de 2019 

OBXECTIVOS: 

- Coñecer e comprender o novo marco normativo que regula as relacións electrónicas entre a Administración e os administrados.

 - Coñecer e comprender o novo marco normativo que regula as interrelacións e o intercambio de información entre Administracións. 

- Coñecer e comprender os principais conceptos, dereitos e obrigas derivados da Administración Electrónica. 

- Coñecer as diferentes alternativas e solucións tecnolóxicas que se poñen a disposición das entidades locais. Aprender a manexalas.

 - Coñecer e entender a publicidade e transparencia, así como o control de acceso a información que se require no novo ámbito normativo.

Destinatarios: Persoal administrativo (C1 e C2) da administración local da provincia de Lugo que interveña na tramitación de expedientes administrativos. 

Participantes: 50

OBXECTIVOS

- Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais de ámbalas duas normas e a súa posición no ordenamento administrativo.

- Definir e contextualizar os principais elementos, conceptos e suxeitos actores do procedemento que debe observar a administración.

- Determinar os distintos dereitos, deberes e obrigacións de todos os suxeitos implicados no procedemento;

- Incidir nos aspectos máis novos da administración electrónica: Firma, expediente, rexistro, arquivos electrónicos, etc.;

- Insistir no concepto e en todos os elementos que compoñen o acto administrativo, como núcleo fundamental da relación Administración-administrados.

- Analizar as fases do procedemento administrativo, no dobre sentido de garantía do administrado e de garantía da Administración para mellor manifestar a súa vontade.

- Destacar os medios que teñen os administrados para actuar fronte á administración.

- Contextualizar os principios de actuación das Administracións Públicas, así como o funcionamento dos seus órganos, con referencia especial ao principio de competencia.

- Destacar os principios da potestade sancionadora propia da Administración. 

- Facer unha breve descrición da organización político administrativa.

- Sinalar a responsabilidade, sobre todo no ámbito patrimonial, da Administración pública.

- Analizar a iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria propia das Administracións.

- Analizar o concepto de sector Público e a súa variedade de personificación. 

- Destacar outros aspectos xurídicos, administrativos e organizativos que se deducen da normativa estudada.

- Por último, tratar de conseguir dos que realicen este curso, unha motivación ou inquietude por estes asuntos que durante moito tempo, seguirán sendo transcendentais no funcionamento xurídico administrativo da nosa sociedade.

Destinatarios: Personal da administración local da provincia de Lugo encargado da implantación, ordenación, xestión, xustificación e control das subvencións e axudas públicas. O curso pretende dar a coñecer o sitema xurídico-procedimental da actividade de fomento entre os empregados públicos da administración local desta Provincia, tanto desde a perspectiva de xestionar a concesión e control activo das axudas (administracións concedentes), como desde a administración que as recibe, polo tanto a fin de solicitalas e xustificalas, cos respectivos efectos financeiros. 

Participantes: 50

Horas:30

Datas de celebración: Do 8 ao 31 de outubro de 2018

Destinatarios: Empregados públicos da Administración Local da provincia de Lugo que participe na elaboración dun expediente administrativo, responsables de expedientes e auxiliares administrativos, que queiran ampliar os seus coñecementos na materia e indagar sobre as consecuencias prácticas da Administración electrónica, con coñecementos básicos de manexo de ordenadores e de navegación por internet.
Participantes: 50
Horas: 35
Datas celebración: Do 1 ao 26 de outubro de 2018
Destinatarios: Persoal administrativo (C1 e C2) da administración local da provincia de Lugo que interveña na tramitación de expedientes administrativos.
Participantes: 50
Horas: 30
Datas celebración: Do 3 ao 31 de outubro de 2018