Destinatarios: Persoal administrativo (C1 e C2) da administración local da provincia de Lugo, que interveña na tramitación de expedientes administrativos. 

Participantes: 50

Horas: 40 

Datas realización: Do 16 de setembro ao 8 de outubro de 2024 

OBXECTIVOS: 

- Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais da norma e a súa posición no ordenamento administrativo. 

- Definir e contextualizar os principais elementos, conceptos e suxeitos actores do procedemento que debe observar a administración. 

- Determinar os distintos dereitos e obrigas de todos os suxeitos implicados no procedemento. - Incidir nos aspectos máis novos da administración electrónica: sinatura, expediente, rexistro, arquivos electrónicos 

- Insistir no concepto e en todos os elementos que compoñen o acto administrativo, como núcleo fundamental da relación Administración-administrados. 

- Analizar as fases do procedemento administrativo, no dobre sentido de garantía do administrado e de garantía da Administración para mellor manifestar a súa vontade. 

- Destacar os medios que teñen os administrados para actuar fronte á administración.

 - Destacar outros aspectos xurídicos, administrativos e organizativos que se deducen da normativa estudada. 

- Tratar de conseguir dos/as alumnos/as que realicen este curso, unha motivación ou inquietude por estes asuntos que durante moito tempo, seguirán sendo transcendentais no funcionamento xurídicoadministrativo da nosa sociedade.