Destinatarios: Empregados/as públicos/as da administración local da provincia de Lugo cuxas funcións estén relacionadas cos contidos do curso.

Participantes: 50 

Horas: 30 

Datas realización: Do 23 de setembro ao 11 de outubro de 2024 

OBXECTIVOS: 

- Coñecer os termos básicos relacionados coa materia de ordenación e planificación, os obxectivos que se persegue con esta actuación e as necesidades de planificar os RRHH dentro das distintas administracións. 

- Distinguir os distintos instrumentos que poden ter incidencia dentro da ordenación dos recursos humanos nas AAPP como poden ser as relacións de postos de traballo (RPT) e a oferta de emprego público (OEP).

 - Recoñecer a normativa reguladora da ordenación dos recursos humanos dentro da Administración pública e as posibles especificidades das AALL. 

- Comprender o proceso de planificación de recursos humanos nunha AAPP e as súas fases, as distintas ferramentas que se poden empregar, medidas a por en práctica etc. 

- Analizar distintos plans de ordenación e identificar neles a súa finalidade, os seus obxectivos, ferramentas neles empregadas etc. 

- Elaborar unha pequena proposta de plan de ordenación dentro dunha AALL, partindo dunha análise inicial, estudando as necesidades e fixando uns obxectivos, co esbozo de medidas a por en práctica e ferramentas de control da súa efectividade.