Destinatarios: Responsables de proxectos europeos, axentes de emprego e desenvolvemento local e demais empregados/as públicos da administración local da provincia de Lugo que teñan ao seu cargo funcións relacionadas coa xestión de fondos europeos, en particular os procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia español.
Participantes: 50
Horas: 30
Datas realización: Do 7 ao 28 de outubro de 2024
OBXECTIVOS:
- Coñecer o contexto no que xorde o Plan de Recuperación para Europa e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) español.
- Analizar o modelo de xestión orientado a resultados que implica o PRTR, coa finalidade de facer efectivos os fitos e obxectivos establecidos para as Reformas e Inversións que integran o Plan.
- Comprender os principios ou criterios específicos, de obrigatoria consideración na planificación e execución dos compoñentes do PRTR.
- Profesor: JOSE ANTONIO ARIAS LOMBARDERO