Destinatarios: Persoal administrativo (C1 e C2) da administración local da provincia de Lugo que interveña na tramitación de expedientes administrativos. 

Participantes: 50

OBXECTIVOS

- Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais de ámbalas duas normas e a súa posición no ordenamento administrativo.

- Definir e contextualizar os principais elementos, conceptos e suxeitos actores do procedemento que debe observar a administración.

- Determinar os distintos dereitos, deberes e obrigacións de todos os suxeitos implicados no procedemento;

- Incidir nos aspectos máis novos da administración electrónica: Firma, expediente, rexistro, arquivos electrónicos, etc.;

- Insistir no concepto e en todos os elementos que compoñen o acto administrativo, como núcleo fundamental da relación Administración-administrados.

- Analizar as fases do procedemento administrativo, no dobre sentido de garantía do administrado e de garantía da Administración para mellor manifestar a súa vontade.

- Destacar os medios que teñen os administrados para actuar fronte á administración.

- Contextualizar os principios de actuación das Administracións Públicas, así como o funcionamento dos seus órganos, con referencia especial ao principio de competencia.

- Destacar os principios da potestade sancionadora propia da Administración. 

- Facer unha breve descrición da organización político administrativa.

- Sinalar a responsabilidade, sobre todo no ámbito patrimonial, da Administración pública.

- Analizar a iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria propia das Administracións.

- Analizar o concepto de sector Público e a súa variedade de personificación. 

- Destacar outros aspectos xurídicos, administrativos e organizativos que se deducen da normativa estudada.

- Por último, tratar de conseguir dos que realicen este curso, unha motivación ou inquietude por estes asuntos que durante moito tempo, seguirán sendo transcendentais no funcionamento xurídico administrativo da nosa sociedade.