Destinatarios: Empregados públicos da Administración Local da provincia de Lugo, tanto con perfil de función administrativa, como técnica. Grupos A1, A2, C1 ou equivalentes, con carácter preferente.
Participantes: 50
Horas: 30
Datas realización: Do 14 de xuño ao 12 de xullo de 2019
OBXECTIVOS: - No eido do dereito administrativo as relacións entre poderes públicos e as súas administracións son un imperativo cada vez maior. A complexidade e celeridade coa que os servizos deben de ser prestados así como o marco competencial existente no nos ordenamento xurídico xera que sexa moi excepcional o suposto en que unha administración pública poida actuar en soidade. As técnicas de colaboración e cooperación son esenciais de cara a unha óptima consecución dos obxectivos de cada unha delas.
- No particular terreo do local, ademais, tal situación manifestase con especial intensidade, sobre todo no papel que as Deputacións provinciais poden e deben ter.
- Aproximación, ao moderno paradigma, da acción colaborativa prestacional, para a provisión ou
autoprovisións de bens e servizos a cidadanía, no marco dunha xestión pública eficiente.
- Profesor: Carlos Alberto Amoedo Souto
- Profesor: Manuel Cutrín
- Profesor: MANUEL ANGEL JOVE LOSADA