Destinatarios: Personal administrativo (C1 e C2) da Administración Local da provincia de Lugo, que interveña na tramitación de expedientes administrativos.


Participantes: 50

Horas: 30

Datas realización: Do 7 ao 27 de outubro de 2020


OBXECTIVOS:

- Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais de ámbalas duas normas e a súa posición no ordenamento administrativo.

- Definir e contextualizar os principais elementos, conceptos e suxeitos actores do procedemento que debe observar a administración.

- Determinar os distintos dereitos, deberes e obrigacións de todos os suxeitos implicados no procedemento.

- Incidir nos aspectos máis novos da administración electrónica: Firma, expediente, rexistro, arquivos electrónicos, etc.

- Insistir no concepto e en todos os elementos que compoñen o acto administrativo, como núcleo fundamental da relación Administración-administrados.

- Analizar as fases do procedemento administrativo, no dobre sentido de garantía do administrado e de garantía da Administración para mellor manifestar a súa vontade.

- Destacar os medios que teñen os administrados para actuar fronte á administración.

- Contextualizar os principios de actuación das Administracións Públicas, así como o funcionamento dos seus órganos, con referencia especial ao principio de competencia.

- Destacar os principios da potestade sancionadora propia da Administración. - Facer unha breve descrición da organización político administrativa.

- Sinalar a responsabilidade, sobre todo no ámbito patrimonial, da Administración pública.

- Analizar a iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria propia das Administracións.

- Analizar o concepto de sector Público e a súa variedade de personificación.

- Destacar outros aspectos xurídicos, administrativos e organizativos que se deducen da normativa estudada.

- Tratar de conseguir dos que realicen este curso, unha motivación ou inquietude por estes asuntos que durante moito tempo, seguirán sendo transcendentais no funcionamento xurídico-administrativo da nosa sociedade.