Destinatarios: Empregados/as públicos/as da Administración Local da provincia de Lugo que traballen ou vaian a traballar coa contratación pública.
Participantes: 50
Horas: 30
Datas realización: Do 7 ao 27 de outubro de 2020
OBXECTIVOS:
- Dar a coñecer o funcionamento da Plataforma de Contratos do Sector Público, para dar cumprimento á normativa vixente, en relación á presentación electrónica de ofertas, e a planificación e celebración de sesións de apertura e valoración de ofertas.
- Trátase de facer un curso práctico, buscando que os/as alumnos/as traballen directamente na plataforma para facer exemplos de expedientes (Plataforma de probas da Plataforma de Contratos do Estado).
- Profesor: Nicolás Fariña
- Profesor: JOSE DOMINGO RODRIGUEZ FERREIRA