Destinatarios: Personal administrativo (C1 e C2) da administración local da provincia de Lugo, que interveña na tramitación de expedientes administrativos.
Participantes: 50
Horas: 30
Datas realización: Do 22 de setembro ao 8 de outubro de 2021
Obxetivos:
- Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais de ámbalas duas normas e a súa posición no ordenamento administrativo.
- Definir e contextualizar os principais elementos, conceptos e suxeitos actores do procedemento que debe observar a administración.
- Determinar os distintos dereitos e obrigas de todos os suxeitos implicados no procedemento.
- Incidir nos aspectos máis novos da administración electrónica: sinatura, expediente, rexistro, arquivos electrónicos, etc.
- Insistir no concepto e en todos os elementos que compoñen o acto administrativo, como núcleo fundamental da relación Administración-administrados.
- Analizar as fases do procedemento administrativo, no dobre sentido de garantía do administrado e de garantía da Administración para mellor manifestar a súa vontade. - Destacar os medios que teñen os administrados para actuar fronte á administración.
- Contextualizar os principios de actuación das Administracións Públicas, así como o funcionamento dos seus órganos, con referencia especial ao principio de competencia.
- Destacar os principios da potestade sancionadora propia da Administración.
- Facer unha breve descrición da organización político administrativa.
- Sinalar a responsabilidade, sobre todo no ámbito patrimonial, da Administración pública.
- Analizar a iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria propia das Administracións.
- Analizar o concepto de sector Público e a súa variedade de personificación.
- Destacar outros aspectos xurídicos, administrativos e organizativos que se deducen da normativa estudada.
- Tratar de conseguir dos/as alumnos/as que realicen este curso, unha motivación ou inquietude por estes
asuntos que durante moito tempo, seguirán sendo transcendentais no funcionamento xurídico-administrativo
da nosa sociedade
- Profesor: MARIA ESTHER ALVAREZ MARTINEZ