Destinatarios: Empregados/as públicos/as da administración local da provincia de Lugo. que desenvolvan funcións relacionadas coa xestión dos Recursos Humanos.
Participantes: 50
Horas: 30
Datas realización: Do 13 ao 29 de outubro de 2021
Obxectivos xeral : Achegar os coñecementos teórico-prácticos para poder identificar os elementos esenciais na xestión e valoración de postos de traballo para a elaboración e aprobación dunha RPT nunha Entidade Local.
Obxectivos específicos:
- Mellorar o coñecemento práctico sobre o contido básico do sistema de emprego público local e o seu sistema retributivo.
- Diferenciar os conceptos legais básicos en materia de Función Pública Local (a praza, o posto, o cadro de persoal, a relación de postos de traballo, etc.)
- Coñecer as utilidades do proceso de análise, descrición e clasificación dos postos de traballo.
- Analizar o contido xurídico, técnico e metodolóxico dunha eficaz valoración de Postos de Traballo.
- Estudar o procedemento de elaboración e mantemento da relación de postos de traballo dunha entidade local
- Profesor: XESÚS ARRIZADO YÁNEZ