Destinatarios: Personal administrativo (C1 e C2) da administración local da provincia de Lugo, que interveña na tramitación de expedientes administrativos.

 Participantes: 50

 Horas: 40

 Datas realización: Do 27 de xuño ao 20 de xullo de 2022 

OBXECTIVOS:

- Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais de ámbalas duas normas e a súa posición no ordenamento administrativo.

 - Definir e contextualizar os principais elementos, conceptos e suxeitos actores do procedemento que debe observar a administración.

 - Determinar os distintos dereitos e obrigas de todos os suxeitos implicados no procedemento. 

- Incidir nos aspectos máis novos da administración electrónica: sinatura, expediente, rexistro, arquivos electrónicos

 - Insistir no concepto e en todos os elementos que compoñen o acto administrativo, como núcleo fundamental da relación Administración-administrados. 

- Analizar as fases do procedemento administrativo, no dobre sentido de garantía do administrado e de garantía da Administración para mellor manifestar a súa vontade. 

- Destacar os medios que teñen os administrados para actuar fronte á administración.  

 - Contextualizar os principios de actuación das Administracións Públicas, así como o funcionamento dos seus órganos, con referencia especial ao principio de competencia.

- Destacar os principios da potestade sancionadora propia da Administración.

- Facer unha breve descrición da organización político administrativa. 

- Sinalar a responsabilidade, sobre todo no ámbito patrimonial, da Administración pública.

 - Analizar a iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria propia das Administracións.

 - Analizar o concepto de sector Público e a súa variedade de personificación. 

- Destacar outros aspectos xurídicos, administrativos e organizativos que se deducen da normativa estudada. 

- Tratar de conseguir dos/as alumnos/as que realicen este curso, unha motivación ou inquietude por estes asuntos que durante moito tempo, seguirán sendo transcendentais no funcionamento xurídico-administrativo da nosa sociedade.