Benvidos ao Curso de Fundamentos e construción e mantemento de estradas. Modalidade en liña.

Os formadores do curso somos:

- Marta Herbón Meilán

- Laura Santalla Castro

- José Fernández Parajes

- Darío Ferreiro Otero

- Héctor Diéguez Aranda

As datas previstas para a realización do mesmo serán entre os días 5 de setembro de 2022 e o 15 de novembro de 2022.


O obxectivo do curso é que o alumno acade os coñecementos teóricos e prácticos sobre a estrada e os seus elementos funionais, dende a súa xénese, construcción e ciclo de vida, para un mellor deserrolo das funcións propias dos alumnos nas tarefas que sobrea a vía sexan realizadas.


Estrutura do curso

Consta de 25 unidades didácticas das a continuación preséntanse, con indicación da data na que será posto á vosa disposición cada unha delas.


UD TÍTULO Data
1 A estrada e os seus elementos 05/09/2022
2 Aritmética e xeometría elementais 08/09/2022
3 Lei e Regulamento de Estradas en Galicia 11/09/2022
4 Accesos ás estradas en Galicia 14/09/2022
5 Xeometría das estradas 17/09/2022
6 Escalas, acoutado e interpretación de planos.Medicións 20/09/2022
7 Materiais en contrucción de estradas 1. Capas granulares 23/09/2022
8 Materiais en contrucción de estradas 2. Conglomerantes. Aglomerantes. Formigón 26/09/2022
9 Movemento de terras 29/09/2022
10 Maquinaria de movemento de terras 02/10/2022
11 Elementos de transporte  04/10/2022
12 Drenaxe lonxitudinal e transversal. Obras de fábrica 07/10/2022
13 Muros. Elementos. Tipoloxía e aplicacións. 10/10/2022
14 Mesturas bituminosas 12/10/2022
15 Tratamentos superficiais 15/10/2022
16 Equipos de estendido e  compactación de mesturas  bituminosas e regas  asfálticas 18/10/2022
17 Vialidade invernal. Maquinaria. Fundentes. Tratamentos 21/10/2022
18 Podas. Limpeza de cunetas. Reparación de obras de fábrica 24/10/2022
19 Outros traballos de mantemento ordinario. Blandóns. Bacheo 27/10/2022
20 Sinalización vertical 30/10/2022
21 Sinalización horizontal 01/11/2022
22 Balizamento e sistemas de contención 04/11/2022
23 Sinalización de obra: fixa e móbil 07/11/2022
24 Control de calidade en traballos de estradas. Xestión de residuos 10/11/2022
25 Prevención de riscos laborais en traballos de estradas 13/11/2022


Tratade, na medida do posible, adaptar a lectura das unidades didácticas ás datas indicadas. Non deixedes para o final todo o traballo, que despois veñen as presas.


Procedemento de avaliación

Á finalización de cada unidade didáctica deberase responder a un cuestionario tipo test de 10 preguntas, con 3 respostas posibles para cada pregunta e unha soa resposta correcta. 

Cada pregunta respostada correctamente puntuará con 1, debendo acadarse en cada un dos cuestionarios de cada unidade didáctica a puntuación de 5 puntos sobre 10 para acadar o APTO na acción formativa. Poden realizarse varios intentos para cada cuestionario.

Os cuestionarios serán colgados ao día seguinte da unidade didáctica, tendo que estar todos cubertos á finalización do curso.

A realización de todos os cuestionarios (25) é OBRIGATORIA para a consideración de APTO na accion formativa.

Aconséllase non deixar tdos os cuestionarios para o final do curso, sendo o máis sensato abordalos trala finalización da lectura de cada unidade didáctica

A extensión dos contidos das unidades didácticas e dos cuestionarios está adaptado á carga lectiva prevista do curso.

Calquera dúbida que poida xurdir, podedes poñervos en contacto con nos a través das ferramentas da plataforma, no teléfono 982.26.59.45, ou nos enderezos electrónicos:

- marta.herbon@deputacionlugo.org

- laura.santalla@deputacionlugo.org

- j.fernandez@deputacionlugo.org

- d.ferreiro@deputacionlugo.com

- h.dieguez@deputacionlugo.org


Na portada de cada unidade didáctica amósase o formador responsable da mesma.


Esperamos que o curso vaia a ser do voso proveito e agrado, agradecendo de antemán que confiedes no Servizo de Formación da Deputación de Lugo para a vosa formación profesional.