Destinatarios: Persoal administrativo da administración local da provincia de Lugo cuxas funcións estén relacionadas cos contidos do curso.
Participantes: 50
Horas: 30
Datas realización: Do 25 de setembro ao 13 de outubro de 2023
OBXECTIVOS:
- Identificar e recoñecer a normativa na que se basean os dereitos retributivos das persoas empregadas dunha administración pública -persoal laboral e funcionariado. As Leis de Orzamentos, os convenios colectivos e os contratos individuais de traballo.
- Comprender os distintos conceptos retributivos aos que teñen dereito as persoas empregadas dunha administración pública. Clases de conceptos salariais e indemnizatorios.
- Recoñecer as distintas deducións que se practican sobre a nómina-cotización á Seguridade Social, IRPF e outras deducións-.
- Calcular e confeccionar unha nómina básica segundo atendendo á estrutura do recibo de salarios.
- Calcular e confeccionar nóminas segundo algunha das incidencias que se poden dar. Mes inicial, incapacidade temporal, cesamento e liquidación, etc.
- Calcular as deducións por cotización á Seguridade Social nas distintas continxencias cubertas polas que se fai achega (continxencias comúns, desemprego, formación, continxencias profesionais a cargo da empresa e mecanismo de equidade interxeracional). O Sistema de liquidación directa. SILTRA.
- Calcular a porcentaxe de retención de IRPF a aplicar e levar a cabo o cálculo da retención mensual.
- Recoñecer outras posibles deducións a contemplar na nómina -os embargos sobre a nómina-. Recoñecer a normativa de aplicación.
- Recoñecer os custos do cadro de persoal para unha entidade.
- Recoñecer as obrigas das entidades en materia de contratación e Seguridade Social en materia de afiliación, alta, cotización e baixa.
- Realizar os trámites básicos en materia de Seguridade Social -afiliación, alta, baixa e variación de datos-.
- Identificar e calcular algunhas das prestacións básicas do sistema público de Seguridade Social - especialmente a incapacidade temporal, a prestación por nacemento e coidado de menor e o desemprego- e vincular a súa contía e percepción coa nómina.
- Recoñecer outras prestacións de Seguridade Social e entender a súa vinculación coa retribución que se
percibe por parte das persoas empregadas dunha administración pública.
- Profesor: EMILIO SILVA OTERO