Destinatarios: Empregados/as públicos/as da administración local da provincia de Lugo cuxos postos de traballo estean relacionados co contido do curso, tendo preferencia os postos de secretaría, intervención, servizos xurídicos, contratación, urbanismo, recursos humanos e recadación.
Participantes: 50
Horas: 40
Datas realización: Do 2 ao 25 de outubro de 2023
OBXECTIVOS:
- Achegar ós/ás empregados/as públicos/as da administración pública local o cumprimento normativo ou PUBLIC COMPLIANCE, técnica innovadora para previr e loitar contra a corrupción. - Presentar os diferentes modelos de prevención da corrupción.
- Estudar os delitos contra a administración pública, coas reformas actuais do código penal, analizando a doutrina e xurisprudencia recente con casos prácticos.
- Trasladar o importante papel do Consello de Contas de Galicia na implantación de sistemas de control e
xestión de riscos na administración pública
- Profesor: VALENTIN LAGO GONZALEZ